Como este din de semana saiamos dous días, o deseñador do percorrido quixo que no nos cansaramos moito e puxo dúas etapas curtas; a primeira subiamos ao onte Xiabre e a segunda ao monte Lobeira.
O domingo saída puntual, coma sempre; máis ou menos 14 unidades coa incorporación de “lejarreta”, boulle chamar así porque si poño o seu nome a maioría de vos non saberedes de quen falo. No primeiro quilómetro trillazo de “Lejarreta” nun bache; algún xa ía cego e non avisou, polo que o que ía a súa roda tragouno. Paramos 3 ou 4, reparamos a avaría e como os de diante tampouco foron moi rápidos collémolos antes da ITV; desde aquí ata Vilagarcía xa pareciamos unha Peña ven levada, entraban ao relevo bastantes ciclistas e ademais bastante ben feitos, (por fin ides aprendendo, parece que a bronca que vos votei o domingo anterior fixo os seus efectos). Chegamos a Vilagarcía e, claro, alí a cousa xa cambiou totalmente, cousa lóxica, por outra parte. Como queira que a subida é bastante dura e que os últimos 3 km son de ida e volta, xa esperarían os primeiros polos últimos no merendero.
No primeiro km, Miguelito pon un ritmo cabrón que racha o grupo en 3 cachos, -ídemes a permitir que agora fale do grupo de cabeza xa que fun un dos afortunados que durante un bo treito fun con Miguelito, Armada, Diego, Delfín, Nando e Sergio Burgos; a partir de máis ou menos media subida, Diego pon un ritmo que fai que o que escribe xunto a Sergio Burgos, Nando e Armada non aguantamos; desde aí e ata a cima xa imos a remolque. Na cima Delfín sácalle uns segundos a Miguelito, Diego e Jácome a quen non nomei cando comenzamos a subida; despois chega Mon e dous minutos máis tarde chego eu despois creo que o fixeron Armada, Nando, Eduardo e Lejarreta. Reagrupamos no Merendero e desde alí a Pontevedra, co vento de popa, a 31 km/h de media.
Luns 25. Día de Santiago matamouros.
16 unidades na puntual saída. Xa na ponte da Barca o que escribe pon un bo ritmo aínda que sen apreturas; enseguida Mon e Rocha saen do grupo e na gasolineira de Poio xa nos quitan uns 200 m. Coméntolle ao resto dos compañeiros que os deixen ir diante xa que desde Sanxenxo a Vilagarcía ían sudar a camiseta con vento en contra polo que os íamos jaupalos de tódalas formas. Na subida de Raxó o campión de inverno decide deixar a compaña de Mon e fai a subida co grupo. Na baixada de Areas Mon ten que frear un pouco pola súa torpeza xa que non foi quen de adiantar a un coche (di que o estorbou e o fixo frear), antes de entrar en Sanxenxo xa demos conta del. Facemos a subida en grupo e desde a fonte a Vilagarcía repítese a historia do día anterior; relevos ben feitos entrando cada vez máis xente neles.Cómpre dicir que o campión de inverno non escatimou esforzos –algo que máis tarde lamentaría-, xa lle advertín que pasara a carbonera que non estaba para tirar cohetes. Chegamos a Vilagarcía cunha media de 36 km/h. Comenzamos a subida a Lobeira sen acordo no grupo de cómo facela, uns que ao ritmo de cada quen, outros en grupo.., ao final quédase que se reagruparía na cima. A cousa e que Quique puxo un ritmo forte pero non suficiente xa que Manuel Armada pegou un forte arreón dándolle continuidade Mon ata que estoupou; a continuación Jácome fixo a subida con Miguelito, Diego, Quique e o que escribe. Na cima, tal e coma quedaramos, algúns esperamos e aquí ven a globerada de Quique e Jácome que se botan cara abaixo sen esperar por ninguén mentres que os demais reagrupamos ao resto. Cando queremos botr man deles a verdade e que xa non somos que de facelo. Comentar que na subida de Curro descólgase o campión de inverno xunto con Lejarreta que fixeron o resto do percorrido sós.
Chegada as 11,30 cunha media de 36 km/h.
Chegada as 11,30 cunha media de 36 km/h.
P.D. Jácome e Quique, preparádevos que esta ídemela pagar; non vou ter piedade con vos. Agora volvo a se-lo galo.