martes, 26 de julio de 2011

Dúas por uha. Grupo dos pros

Como este din de semana saiamos dous días, o deseñador do percorrido quixo que no nos cansaramos moito e puxo dúas etapas curtas; a primeira subiamos ao onte Xiabre e a segunda ao monte Lobeira.

O domingo saída puntual, coma sempre; máis ou menos 14 unidades coa incorporación de “lejarreta”, boulle chamar así porque si poño o seu nome a maioría de vos non saberedes de quen falo. No primeiro quilómetro trillazo de “Lejarreta” nun bache; algún xa ía cego e non avisou, polo que o que ía a súa roda tragouno. Paramos 3 ou 4, reparamos a avaría e como os de diante tampouco foron moi rápidos collémolos antes da ITV; desde aquí ata Vilagarcía xa pareciamos unha Peña ven levada, entraban ao relevo bastantes ciclistas e ademais bastante ben feitos, (por fin ides aprendendo, parece que a bronca que vos votei o domingo anterior fixo os seus efectos). Chegamos a Vilagarcía e, claro, alí a cousa xa cambiou totalmente, cousa lóxica, por outra parte. Como queira que a subida é bastante dura e que os últimos 3 km son de ida e volta, xa esperarían os primeiros polos últimos no merendero.
No primeiro km, Miguelito pon un ritmo cabrón que racha o grupo en 3 cachos, -ídemes a permitir que agora fale do grupo de cabeza xa que fun un dos afortunados que durante un bo treito fun con Miguelito, Armada, Diego, Delfín, Nando e Sergio Burgos; a partir de máis ou menos media subida, Diego pon un ritmo que fai que o que escribe xunto a Sergio Burgos, Nando e Armada non aguantamos; desde aí e ata a cima xa imos a remolque. Na cima Delfín sácalle uns segundos a Miguelito, Diego e Jácome a quen non nomei cando comenzamos a subida; despois chega Mon e dous minutos máis tarde chego eu despois creo que o fixeron Armada, Nando, Eduardo e Lejarreta. Reagrupamos no Merendero e desde alí a Pontevedra, co vento de popa, a 31 km/h de media.
Luns 25. Día de Santiago matamouros.
16 unidades na puntual saída. Xa na ponte da Barca o que escribe pon un bo ritmo aínda que sen apreturas; enseguida Mon e Rocha saen do grupo e na gasolineira de Poio xa nos quitan uns 200 m. Coméntolle ao resto dos compañeiros que os deixen ir diante xa que desde Sanxenxo a Vilagarcía ían sudar a camiseta con vento en contra polo que os íamos jaupalos de tódalas formas. Na subida de Raxó o campión de inverno decide deixar a compaña de Mon e fai a subida co grupo. Na baixada de Areas Mon ten que frear un pouco pola súa torpeza xa que non foi quen de adiantar a un coche (di que o estorbou e o fixo frear), antes de entrar en Sanxenxo xa demos conta del. Facemos a subida en grupo e desde a fonte a Vilagarcía repítese a historia do día anterior; relevos ben feitos entrando cada vez máis xente neles.Cómpre dicir que o campión de inverno non escatimou esforzos –algo que máis tarde lamentaría-, xa lle advertín que pasara a carbonera que non estaba para tirar cohetes. Chegamos a Vilagarcía cunha media de 36 km/h. Comenzamos a subida a Lobeira sen acordo no grupo de cómo facela, uns que ao ritmo de cada quen, outros en grupo.., ao final quédase que se reagruparía na cima. A cousa e que Quique puxo un ritmo forte pero non suficiente xa que Manuel Armada pegou un forte arreón dándolle continuidade Mon ata que estoupou; a continuación Jácome fixo a subida con Miguelito, Diego, Quique e o que escribe. Na cima, tal e coma quedaramos, algúns esperamos e aquí ven a globerada de Quique e Jácome que se botan cara abaixo sen esperar por ninguén mentres que os demais reagrupamos ao resto. Cando queremos botr man deles a verdade e que xa non somos que de facelo. Comentar que na subida de Curro descólgase o campión de inverno xunto con Lejarreta que fixeron o resto do percorrido sós.
Chegada as 11,30 cunha media de 36 km/h.
P.D. Jácome e Quique, preparádevos que esta ídemela pagar; non vou ter piedade con vos. Agora volvo a se-lo galo.

9 comentarios:

  1. Puntualización:
    En la etapa del Domingo, Jácome no subió con los de delante. Antes de la zona dura quedaban Delfín, Diego, Miguelito y, un servidor.
    Con respecto a la etapa del Lunes, pienso que no estoupei, como tu dices , ya que llegué arriba con los de delante.
    Por cierto, ese día uno de los dos fugados, decía que estas etapas con la peña, se las tomaba como entreno y de relax, sin muchas ganas de batalla, pues bien hoy no dio mucho ejemplo, ya que podía hacer peña. El otro decía que como hubo tirones no iba a parar hasta Pontevedra. No es la primera vez que tira subiendo y, después recoge cadáveres.
    Tanto uno como otro con su actitud, no nos perjudicaron a nosotros, Sergio Burgos, Ojea, Miguelito y, un servidor si que esperamos por el resto de los compañeros. Por cierto cuando fueron para adelante a los únicos que perjudicaban es a los que venían por detrás, ya que si quisiéramos, los cuatro que llegamos arriba con ellos hubiéramos llegado sin ningún problema a Pontevedra, es más hicieron bien en irse por delante, ya que los habríamos dejado tirados en el repecho de Curro. Un saludo y felicidades al Campeón por su gran etapa y, saber esperar por el resto.
    P.D. Nando hablabas hace unos días de los competidores y, en esta etapa se pudieron ver dos ejemplos claros a mi modo de ver , a algunos la competición les puede y atacan bajando a los que ya dejaron subiendo. Enhorabuena por la sensacional etapa. Bueno esto es una opinión personal y, esperemos que no corra la,...

    ResponderEliminar
  2. El anónimo soy Mon, ya que me olvidé de firmar.

    ResponderEliminar
  3. Totalmente de acuerdo con el post de Manolo y el comentario de Mon,respecto al primero creo que Manolo se refiere a que quien explotó en la etapa del lunes fué un servidor y que me apunto a lo dicho por él de que se vayan preparando que cuando vea las caras rojitas van a ir pidiendo aire,estos ataques de chinochao al cuadrado dicen bien como se va en bici en una peña por parte de algunos y me refiero a los que tu nombras Mon.
    Fuera parte creo que tenemos que empezar a hacer relevos como la gente porque enton vamos listos, no pillamos a nadie...grande etape y a seguir así...un saludo para todos...buena semana.

    ResponderEliminar
  4. Moi bo relato, notase que aparte de adestrar enriba da bicicleta estiveches a practicar coa pluma. En canto ó contido so sinalar que eu non puxen ningún ritmo forte na subida, senón que baixei a carbonera para tentar que o grupo subira compacto como se acordara antes de afrontar o ascenso. Neste momento parece que os que iades diante acordades facer a subida forte e agardar na cima, o problema é que disto so vos enterades os de cabeza aos da cola o ver os continuos tiróns so nos quedou berrar pedindo calma e logo meter a directa pensado que imos quedar descolgados por enesima vez. Isto non trata de ser ningunha escusa do que aconteceu unha vez chegamos arriba, soamente é outra visión dunha pequena parte dunha gran etapa que seguro tardaremos en esquecer; de feito algún todavia non sabe moi ben como foi quen de facer a media que se fixo, pero cando un grupo traballa ben como se traballou o luns os tempos saen. E nos guste ou non o arreón inicial de Mon e o feito de continuar a marcha sen reagrupar que tivemos os “globeiros” serviu, sen dúbida, para acadar a media feita ó tempo que lle deu vida e alegría a mañá, de feito estou seguro que facía tempo non o pasabas tan ben.

    P.D. Teño moi, moi claro que esta voucha pagar pero, ¿Podería ser a prazos? Xa sabes cousas da crise.

    Por certo, ese maillot Belga que levas ultimamente ¿Pasou os controis da UCI? Pois dende que o portas non ai que te tusa.

    Quique

    ResponderEliminar
  5. Mecajo na....... claro que ma vas pajar a plazos,vas estar todo este ano mais o que ven pagando e si te portas ven no 2013 xa non me deberas nada.
    A, e Jacome que se vaia preparando que lle vou sacar o resfriado na proxima saida,non lle vai dar tempo a enfriar.
    Ala entrenade ben que na batalla mental non me ides gañar

    ResponderEliminar
  6. Así se fai, os homes mais fortes relevando sen escatimar esforzos e os que por desgracia non andamos tanto, aguantando a cola como podemos. Deste xeito, subindo sin atacar e abrindo gas no plano é como se pode lograr unha media tan espectacular como a do luns. Felicidades para todos os que colaboraron nesa gran etapa 36 km/h de media coa subida ao Lobeira incluida.
    Indurain

    ResponderEliminar
  7. He,chissssss chisssss oiches,comentaronme que o Jacome mais o Quique andan adestrando xuntos pra ver se entre os dous son quen de deixar o campeon.
    Vos que pensades,eu penso que nin que adestren 100
    anos o van conseguir.

    ResponderEliminar
  8. ya lo dije una vez,los campeones no se quedan,dejan que los demas se vayan....y despues de dejarnos ir unas semanas vuelve para que nadie "se quede"
    f.nando

    ResponderEliminar
  9. Pero meu deus ¡ Canta paz e canto amor hai por estes lares....!

    Oskar

    ResponderEliminar