martes, 19 de julio de 2011

menuda etapa

Mais menos 16 unidades na saida das 9.30
Saída puntual,pois xa estábamos todos e os que nos estában non ian vir.Xa se vian as miñas intencións nada mais enfiar na calle peregrina, como queira que o sabado xa fixera algún comentario con respeto o percorrido e do tempo que tardariamos,para que non houbera dúbidas xa o deixei escrito,2h 35min.Cando algun leu o que escribin pensou "xa esta o fantasma este",e claro despois tivo que rectificar e dicir "carallo que razon tiña".
Bueno como comentaba xa na saida tentei de involucrar a xente pero nada,tan so o meu compañeiro de entrenos me acompañaba.Xa alá por figueirido empezan os relevos,mais mal que ben,e claro,un que xa esta de volta e media, comentalle ao grupo que o próximo domingo non hai saida, vamos a por un video sobre como dar relevos, enton a xente parece que pouco a pouco e vendo como tres ou catro facemos relevos, como se foramos o PANASONIC nos seus mellores tempos tratan de aprender, e bueno, non todos pero si que algún algo vai aprendendo.
Xa chegados a Arcade comentolle a Miguelito que a ese ritmo en 1h estamos en Moscoso, cousa que fixemos 4 minutos antes. Decir que en ese punto xa perderamos 3 unidades que poderían vir con nos si nas subidas levantamos un pouquiño o pé (e non o revés), e dicir, subir a tope, descolgar a xente e unha vez enriba mirar para atras e esperar no chan, pois non, non e non, hai que subir despacio e llanear forte moi forte. De Moscoso a Mondariz por Xunqueiras xa os relevos funcionan e a media vaise elevando, xa nese punto levavamos 34km/h. Baixamos a Mondariz con precaucion sempre levados por Moncho e Miguelito e todos xuntos. A saída de Mondariz Celso quere poñer un ritmiño un pouco mais rápido pero o home non se alonxa mais de 10m. e é cazado sen moito esforzo, polo que escribe que por ali xa ve que as previsións do dia anterior eran boas, que digo boas, mellor das pronosticadas.
Comenzamos a subida a Pazos e comentolle a Moncho e mais a Miguelito que poñan un ritmo forte para que nadie teña a tentación de atacarnos, a ese ritmo forte tamén colabora Quique e o que escribe. Comentolles tamén que si alguén se marcha que o deixen ir, que co vento de cara non ia chegar moi lexos. Xa no final da subida en Pazos perde uns metros Christian, que xa non volve a enganchar. Na saida de Pazos avistamos a Isidro, Huelin e Balea, ao pouco tempo xa os JAUPAMOS e dende ali ata
Pontevedra xa viñeron con nos, pero claro coma sempre os que viñeron na carbonera pois tiñan que dixarse ver na subidiña de saturday e non se lles ocurre outra cousa que pegar un arreón, pero ainda que non estaba o campeón de inverno, agora metido a escalador, si que estaba o campeon das 4 estacións, e aquelo non pasou de ser un "quero e non podo" porque claro, unha cousa e vir na carbonera a 28-30 km/h e outra vir a 35km/h.
Dende ali ata Alameda e vendo que o tempo invertido no percorrido ia ser inferior o pronosticado o dia anterior, polo que este testamento escribe, xa todo eran parabens e palmadiñas nas costas ¡INCRÉDULOS QUE SODES UNS INCREDULOS!, cando alguén con experiencia vos de datos ou cifras sobre km/h, tempo e media non teñades dúbidas que salvo algun percance cumplirase a raxatabla.
Ala entrenade con sentidiño que se vos portades ben este domingo mais o luns, igual os levo na silla da raiña e si vos portades mal xa sabedes o que os toca, mirarme pras costa e de lonxe.
Boa seman pra todos os amigos e para os enemigos tamen, que son bastantes pero cobardes.

5 comentarios:

  1. Muy buena etapa la del domingo, sois unos fieras que cualquiera os pilla, descolgarse es la muerte segura...asique habrá que dejar de decolgarse!jajaja
    De momento este domingo, si hay sesión teorica me apunto, a la práctica no, que he tenido unos problemillas que no me dejan tocar la bici por lo menos en toda la semana.

    Suerte para todos y pasarlo bien!

    Fdo: Cristian

    ResponderEliminar
  2. Plás, Plás, Plás.....; iso si,ides a acabar co lombo. Teño que recoñecer que acertaches de pleno, eu calculei que vos levaría unhas 2:40 h.

    Por outra parte dicir, que se agradece que alguén se anime a contarnos o que acontece no outro grupo. Non todo é darlle os pedais que se vos poden atrofiar as mans. xD

    Saú2. Tino

    ResponderEliminar
  3. Arre carallo, al final vai ser certo o do que o vello rockeiro nunca morre, como non entrene eu ninguén vai ser quen de "enterralo". jajajja
    El Pupilo

    ResponderEliminar
  4. Grande Manolo Ojea,como dixo un dia o guardia:Este rapaz si é un ciclista de verdad.
    Campeón na victoria e na derrota diría eu,,,bueno Manuel preparate que volvo pronto,un saludo fiera...

    ResponderEliminar
  5. o jalo ten o bandullo enchido.Vaia menosprecio no video.¿Onde esta o fran?.¿Onde esta vaite,manolo,vaite?.

    ResponderEliminar