lunes, 8 de agosto de 2011

Ano 1991

¿Por qué, por qué, por qué? Como podedes comprobar esta pregunta non é miña senón de "Mou" (Mouco non, senón Mouriño,o do Madrid).¿A qué ven esta pregunta? pouco a pouco xa vos contarei.

¿Por qué ano 1991?, Naquel entón xa o que escribe comenzaba a deixar de ser kiriko para convertirse en galo e dende entonces nunca deixou de selo pese aos moitos intentos que dende tódolos lados tratan de meterlle o peteiro, pero claro, este galo xa ten a pel moi dura e os picotazos dos kirikos non o asustan. Vou cos kirikos: primeiro veu o amigo de Ferro, un tal Nicolás, nada, reina por un dia; despois o Rubio, nada, máis do mesmo; o Pupilo igual; Mon quiso, pero non pudo; o Jacome, gañou etapas pero nunca unha gran volta; Kike parecía que si, pero ante os grandes retos, acojónase; Óscar o de Marín, quere no mes de agosto pero non é capaz; e non quero olvidarme do que di chamarse "campión de inverno", agora metido a escalador, que tamén intenta meter o pico pero non saca tallada.¿A qué ven todo isto? Bueno pois ven a que xa estou "recansado" de ser galo e por moito tempo, ainda que non creo que ninguén teña a calidade suficiente como para manter o galiñeiro en orde durante máis de 20 ANOS.

Bueno, agora contovos a etapa do domingo. Saída coma sempre moi puntual; 12 unidades, xa á saída de Pontevedra, sin querelo, marchamos diante Rocha, Miguelito, Armada, o meu compañeiro de entrenos máis o que escribe; en Mourente unésenos Fran mentres que Miguelito espera polos demais. Imos facendo camiño e así chegamos a Famelga, momento no que os que viñan detrás nos "Jaupan", nese punto; Fran decide descolgarse e ir ao noso encontro. Baixamos á praia fluvial e alí o compañeiro de adestramento decide ir cara a Antas, mentres que os demais seguimos pola ruta marcada. Como queira que nese punto xa escomenza a subida, o campeón de inverno, agora reconvertido a escalador, di que vai paseniño xa que o día anterior estivo traballando 10 horas e que está canso (creo que estivo cargando un trailer de bolsas de cemento, aproximadamente 35Tm. (unhas 700 bolsas de 50K cada unha), claro, semejante traballo pasoulle factura. Bueno, sigamos, tamén deciden quedar co campión de inverno Nando, con problemas no desviador, Eduardo e Magariños que está un pouco verde porque pasou fai pouco polo quirófano e o home quere porse en forma vindo con nós. Eu paro para aliviar un pouco o depósito e cando quero enganchar ao grupo dianteiro cóstame un huevo, menos mal que Angel Armada bótame un cable e conectamos os dous. No momento de conectar, os kirikos que ían diante levantan o pé, digolles que manda carallo, que clase de ciclistas son, mentres non os collo van forte e cando os collo levantan o pé, contestanme que non me viron; dende o Pelete e ata o alto da Portela fomos cun bo ritmo, ainda que ahí tivemos que esperar polo colega de Jácome. Xa todos xuntos facemos o resto de etapa, bueno todos xuntos non, marchounos Manuel Armada dende Seixido ata Santa Ana aproximadamente, máis que escapar penso que, nos entrenos que fai, ten programados unhas series ou sprints, e entón sácanos uns metros que despois cústanos recortar. Antes de chegar a Pontevedra outra bronca aos compañeiros; coma sempre zurran nas subidas e despois esperan aos rezagados no llano. Non, non e non, se queredes esperar polos compañeiros subide amodo e llanear forte, ¡Globeros que sodes uns globeros!

Ala, boa semán para todos e preparadevos para o domingo, que esa ruta por Muller Boa non sei se será unha trampa ¿mirastes algunha vez unha muller boa?

16 comentarios:

  1. Pois, como dixo Quique o outro día, tes a facilidade de aprender moi rápido e cada día melloras a oratoria e a pluma. Tamén hai que dicir que as outras plumas, as de galo,relúmbranche coma nunca. Non deixas títere sen cabeza, ou é más propio dicir que desplumas a diestro e siniestro. xD

    ResponderEliminar
  2. creo que despues de esta sera imposible mantener el gallinero tranquilo.Por lo que a mi respeta,aunque es cierto que no me cambiaba de plato a platillo, (lo tuve que hacer con el pie muchas veces) el domingo no estaba para desplumar ningun gallo.
    Los sabados por la noche me estan desplumando.....
    f.nando

    ResponderEliminar
  3. jajaja dende logo moita razón ten o master,este ojea e unha fiera ademais de coa bicicleta coa pluma,un fenómeno diria eu,ese post q escribiu soame a despedida do grupo dos pros po autobus de monbus jajja,bueno manolo douche a razón en todo como case sempre,pola miña serie tamén,cando chegastes iba en cor vermello xa e non había mais,e o meu sexto dia enriba da bici desta volta,quería preparar a etapa do luns que esa teñoa marcada no calendario como obxetivo jaja,vou buscar un compinche pra atacar no momento xusto e facer unha serie de 24 kilometros,un saudo pra todos e boa seman...

    ResponderEliminar
  4. Non sei se o sabíades, pero eu, dende anos, por non decir dende sempre, son un incondicional do grandísimo Ojea, e non só pola sua calidade movendo as pernas, senón pola sua "retórica" movendo a lengua e, ultimamente os dedos...

    O caso é que eu máis que galo, son capón (e non de Villalba), así que eu con ir cos galos xa estou máis que contento.

    Decir, e agora ven o momento dos choros, que en 15 días, entrenei duas veces, ou sexa que hasta eu mismo me sorpendín de aguatar o que aguantei, e como todo hai que decilo, para que se note que somos honestos, porque me esperaron na Portela da Cruz e porque chupei roda todo o que puiden...

    Me encanta o rollo que tedes entre bos e o que vos picades, xa isto se vai parecendo a "La casa de gran hermano", asi que por min a seguir prendéndolle lume ás bielas mentres o corpo aguante.
    Por certo, cando non dou un relevo, máis que por ser un chuparrodas é porque me levades reventadiño.

    Outra cousa, hoxe 9 de Agosto, se cumple o aniversario da desaparición de Teodoro Moreno, un ciclista (siempre combativo), un amigo, unha gran persoa, recordándoo dende os meus comenzos cando saíamos dende Marín e xa facíamos percorridos longísimos, e, sempre a mitade de ruta mandaba parar nunha pastelería e invitaba sempre.
    Oskar

    ResponderEliminar
  5. O da pastelería soa un pouco interesado, pero quería reflexar que era unha persoan cunha inmensa calidade humana, cun grandísimo sentido do humor e un exemplo para min en todos os sentidos ( a veces escollía chupar a sua roda só para escoitar os seus comentaríos e os seus consellos)

    ResponderEliminar
  6. Arre carallo,pero de verdade que non me vades a decir nada mais,pero ¿solo 6 comentarios?,vamos que agora aparte de mazarvos na bicicleta tamen vos meto caña no blog.Xa vedes que o meu non e escribir pero como practique preparade-vos que non vai quedar titere con cabeza.
    Vamos,veña, imos a polo record de comentarios,hay que chegar a 15 polo menos,e eu xa non escribo mais senon xa chego eu soliño.
    Veña contestade e ide entrenando que este finde hay 2x1.
    Ala cabreadevos un pouquiño,veña animadevos que todo malo e poñerse,despois xa vay sin gañas.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo: Sería outro Teodoro o que daba consellos e facia paradas de pasteleria, o que eu conocín, daba cera e non lle gustaba parar ata chegar e sempre cronómetro en man; do resto verdade.
    Alberto

    ResponderEliminar
  8. En efecto ó campión volvenlle brillar as plumas de galo e sacou a relucir todo o seu repertorio. A estratexia comenzou nos prolegómenos da saída cando aproveitando os despistes e confianza do persoal manipulou as máquinas de tres dos seus rivais (Moncho, Nando e Rocha). Acto seguido arranca a lume de carozo e deixanos aos de atras cun compañeiro de equipo que nos leva por unha ruta falsa para que el poda meternos tempo. Primeira parada para arranxar a desfeita que provocara na bicicleta de Moncho. Avisamos da avería e que en poucos segundos estará arranxada polo que lle entra o medo e manda parar outro compañeiro de equipo para que nos siga freando (el calcúla que precisa 5' para poder chegar o Pelete con garantías). Chegados a Bora segunda parada, esta vez e Nando a victima, de novo con gran habilidade arranxa o problema e continuamos. Nin rastro xa da grupeta do campión, a estratexia está a dar resultado. Non nos damos por vencidos e logo dun forte ritmo cara a Carballedo temos contacto visual ó comezar a subida a Famelga. Ó campión entralle o medo e buscando unha escusa di que ten que aliviar antes de comezar a subida o Pelete. Pero Moncho decidido o non perdoarlle nin un gramo de sufrimento mándanos baixar o ritmo para que poida enlazar. Coronamos, reagrupamos e seguimos, nestes momentos a faciana do campión era un poema, el tentaba disimular e sacou todo seu orgullo para morder a nosa roda e non descolgarse ata chegar a casa. Pero non sin pasar apuros, de feito ó pasar Pontecaldelas voltou tirar de experiencia e inventouse non sei que bronca por tirar nas subidas para ralentizar o ritmo e non quedar tirado.

    En efecto ó campión está de volta, e estase a emplear a fondo, con todas as armas das que dispón, ¡Estade alerta!

    P.D. Sabe máis o raposo por vello que por raposo.

    Quique

    ResponderEliminar
  9. Bueno,menos mal que alguen comenta algo ainda que non sea verdade,o que pasou e que viñan todos escarallados e xa non coordinaban os movementos,xa en ese momento tiven que darlle unha leccion maxistral de como hay que andar pra acabar a etapa sin que se note o cansancio.Na subida de Vilarchan viñan temblando e non era polo frio,non non,era polo acojone que traian por si lle abria a espita do gas y os deixaba de roda.
    Xa non fai falta que firme,ou que.

    ResponderEliminar
  10. Por certo, ¿Rocha está facendo algunha casa?

    ResponderEliminar
  11. y al final vamos a llegar a los 15 comentarios.Hasta aqui marca el ritmo.Solo nos quedaba el blog para los"kirikos"y no nos deja ni eso...........a partir de ahora pasa a ser "el campeon Ojea Gates"...
    ff.Nando

    ResponderEliminar
  12. Ben a pode facer para valeirar o colchón de activos tóxicos.
    Alberto

    ResponderEliminar
  13. Nando, dicen por ahí que intenta dominar en el blog porque en la carretera ya no puede. Pero yo no me lo creo, otro motivo tendrá!
    Quique

    ResponderEliminar
  14. lo que intenta dominar es otra cosa pero que no viene a cuento.En cuanto a la bici como dice el otro ciclista "que mais ten que facer este home".De todos modos es importante motivarlo para tenerlo en forma haber si dura otros 20 años de gallo.ja ja ja
    f.nando

    ResponderEliminar
  15. Ben chavales oxetivo cumprido,15 comentarios a un escrito coido que e o record do blog,outro mais no meu poder,ala que o superen os outros campeons.
    Nando o que menos domino e esa cousa que non ven a conto,e indominable.
    Mañan se queredes en 2h 23" chimpamos a etapa.

    ResponderEliminar