martes, 8 de julio de 2014

Campus de Ciclismo

Deixovos o cartel informativo do Campus de Ciclismo que organizará o meu fillo no próximo mes de Setembro en San Vicente do Mar.

Serán 3 etapas acompañados de profesionais e exprofesionais do ciclismo como Ezequiel Mosquera, David Herrero, Gustavo Veloso e Delio Fernández e con charlas de teóricas do propio David Herrero (Biomecánica), Dr. Bastida (Entrenamento saudable) e unha charla coloquio cos ciclistas anteriormente citados.

Hay a posibilidade de ir con pensión completa ou so as saídas en bicicleta e charlas teóricas.

Tamén se poderán contratar probas biomecánicas con David Herrero que usa o sistema Retul (un dos mellores do mercado, senón o mellor). Non é necesario asistir ó Campus para contratar dita prova.

Na segunda etapa chegarase ata o Alto da Curota e a volta a San Vicente será en catamarán con comida abordo e se agasallará aos asistentes cun maillot de regalo.

Tendes toda a información e precios en:
http://www.nordessports.com/i-campus-de-ciclismo/

Ou no teléfono: 699 903 388

Animádevos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario