Hoxe, vendo as acertadas previsións meteorolóxica, decidín coller o kaiak de mar e ir a dar unha volta pola ría de Marín-Poio-Sanxenxo-Bueu...
Como o mar estaba bravo, camiño de bravísimo decidín cruzar a ria hacia Raxó e de ahi tirar hacia Combarro para despóis cruzar a ría novamente hacia os Praceres e rematar na praia de Mogor.
Cruzar a ría foi doado, xa que ainda que de vez en cando tiña que tourear con algunhas ondas máis grandes que outras con crestas de espuma que me facían traballar a cadeira máis do debido, chegar ás bateas de Raxo foi rápido.
O trampo hacia Combarro foi de auténtica surfeada, con tódalas ondas de popa e cando había algunha das grandes tocaba marcarse unha surfeada de máis de 30 metros e velocidades superiores a esa cifra ( qm/h). Toda unha gozada e un disfrute, eso sí con apoios de pala para correxir o rumbo e algunha que outra frenada.
Xa en Combarro cambio o rumbo hacia Os Praceres e con iso empezo a loitar contra o forte mar, o forte vento e por riba a forte chuva que empeza a cair con forza. Chego ao outro lado da ría e, por un momento, teño certas dificultades para cambiar o rumbo hacia Marín dado ao fortísimo vento e altas ondas do mar.
Consigo poñer bo rumbo e empezo a centrarme no paleo, mantendo un ritmo contínuo e afloxando na baixada da onda para que o kaiak non caia a plan sobre o mar, doe moito a forte chuva na cara e con tranquilidade, autoconfianza e uns cantos anos de experiencia consigo rebasar a escollera da Escola Naval, alcanzar a praia de Portocelo e desembarcar en Mogor san e salvo.
Por certo, é poñer pé na praia e escampa....
Agora so quedaba recoller o material e prepararse para outra actividade funcionarial.
¡ Si señor, un domingo moi ben aproveitado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario