jueves, 6 de diciembre de 2012

Salida 06/12. ¡¡Nenazas!!

Pois iso, auténticas nenazas; só 4 ciclistas en bici de montaña e Paco Lago en carretera. Moito dicir, "eu sólo quero chicho, sólo quero chichiño", e cando ven un día de choiva, que en realidade non nos caiu nin unha gota, quedades a durmir ou ides por outro sitio.

Javi, Vituco, Pablo e o que escribe saímos a facer a etapa do Pontillón pola variante de Vituco. Démoslle aos pedais e a sen óso. Atopámonos no Pontillón, xa á volta, con Rafa e Íbañez xa que estes tampouco lle fan "ascos" ao mal tempo.

Non tivemos ningunha incidencia que contar agás, outra vez, a destreza e manexo que ten da bici Pablo, mesmo se asemella a Randy Mamola cando facía derrapar a moto na entrada das curvas para entrar recto nelas, ¡Que cousa!
Saú2

1 comentario:

  1. Tino, moi bo o de NENAZAS, pero se fora pra ir tomar xabarín ou unhas 1906 viria máis xente. Ó final vai a ter razón o finado Fernando Fernan Gomez que dixo "las bicicletas son para el verano", ja, ja, ja.
    Saudos

    ResponderEliminar