miércoles, 8 de agosto de 2012

Noraboa Noya!

Javier Gómez Noya, ¡impresionante, fabuloso, colosal! e por enriba de todo, mellor persoa.

Desde este noso modesto blog, -bueno, non tan modesto, pois xa leva mais de 90.000 visitas, entre elas algunhas do propio Noya-, quero darlle a noraboa en nome de toda a P.C Boa Vila e demais compañeiros que ainda que non son da Peña comparten as saidas os domingos con nós, tamen ao seu adestrador Omar,ao que tiven a sorte de coñecer xa fai uns cantos anos e co que teño unha boa amizade persoal.

Lémbrome da saida a Rianxo do pasado día 29 de xulio, onde nos acompañou tanto Noya como Barbara Riveros, -triatleta chilena que tamén sae con nós con frecuencia-, (ese foi de momento, o último entreno que fixeron con nós). Pregunteille a Omar cal era un plan de adestramento que tiñan que facer ese día os dous triatletas, respostoume que Noya debía facer 2h 30min, fortes e Bárbara 1h a tope. Na medida das nosas posibilidades tratamos de que o entreno se fixera así. Bárbara dou a volta en Carril e a P.C Boa Vila e Noya continuamos ata Rianxo e dende alí, volta a Pontevedra. Á chegada, todos, todos, todos estabamos enchidos  de orgullo por compartir, ou mellor dito porque estos dous deportistas Olimpicos e, en ámbolos dous casos, campións do mundo se dignaran a vir con nós nunha data tan cercana a cita máis importante para eles, como é a olimpiada.

 Agora que xa ten a medalla de prata, e ainda que lle quedan probas importantes por disputar no calendario mundial, esperamos que tódolos medios de comunicación, locais, provinciais, rexionais e nacionais lle den a mesma difusión a súa medalla e ós seus adestramentos, como lle deron o seu comentario sobre o fútbol nas olimpiadas.

4 comentarios:

  1. Hola, felicitacións mais que merecidas para este gran deportista. Hai catro anos cando quedou cuarto os de sempre acudimos a felicitalo e darlle o recibimento dun campeón pois para nos sempre o foi independientemente dos seus resultados deportivos. Este ano seguro que serán moitos máis os que lle den abrazos e parabéns e nos alegrarémonos e volveremos a estar presentes como sempre para amosarlle a nosa ledicia polos seus triunfos.
    Saude e forza.
    Indurain

    ResponderEliminar
  2. Yo hice un comentario en el diario As meses atras citando a los entrenos que realizaba Javier con la peña ciclista Boa Vila

    ResponderEliminar
  3. chega o luns as 17.00h a Peinador!
    Eu quería propoñer a algún membro da peña se querría ir ata alá en bici.
    Un saúdo

    ResponderEliminar