domingo, 1 de enero de 2012

O Canteiro

Como xa ven sendo habitual dende xa hai tempo, hoxe, primeiro de ano, fixemos a subida ao Canteiro. Démonos cita na saída uns 20 ciclistas, entre eles, destacou a presenza da que poderiamos bautizar como a madriña do grupo: Pilarica, si, a filla do Boss.

Coa mañá ameazando choiva, e que sen embargo terminou por respectarnos, iniciamos a saída a ritmo de amigos e que se ía incrementando por momentos cando empezamos a circular polo camiño de terra, alá polo río Rons. Para ser unha mañá que viña precedida dunha noite larga para moitos dos asistentes, fíxose unha subida rápida de modo que pronto desapareceron os comentarios. Da a vida que Pilar viña ven acompañada e traía dous ciclistas altamente cualificados con “dereito de roce” e que lle botaban unha man –non as dúas- cando a cousa se poñía un pouco difícil. Deste xeito chegamos ao Pontillón e, mentres unha parte do grupo demos unha volta ao embalse, outros encararon directamente a subida.

Chamounos a atención a pouca cantidade de ciclistas con que nos atopamos; se cadra era un pouco cedo e o día non invitaba a quedarse arriba polo que axiña tomamos o recorrido de volta a toda pastilla, coma sempre, para non perder o costume.

Botei de menos aos “tres magníficos” que sei que ían diante, ¿anda andabas, Toñito?

Con respecto ás imaxes, nin unha. Coas presas e se cadra, influenciado polo alcohol da noite, non me decatei que a posición que se leva encima da bici non é a mesma que a de pé, e ao levar á cámara no casco para evitar o barro apuntaba apenas un metro diante miña. Esperaremos pois a mañá para recoller a que levaba Ojea.

3 comentarios:

  1. Hola,ante todo feliz año a todos.Pues si salimos no tres sino cuatro.Pero eramos Ibañez,su hijo Alberto y Miguel Un amigo de motobike,no ,no salió Rafa.Al poco de empezar la sigladura,Alberto rompió la cadena y menos mal que pasaban unos ciclistas y nos sacaron del apuro.Después ibamos a ritmo de "peregrino".Pero a las doce en punto estabamos arriba,donde encontramos a noso Alberto de paisano.Estuvimos haciendo las fotos de rigor con los alli presentes,y comenzamos el descenso,con precaución ya que Ibañez jr.era la cuarta vez que montaba en bici.Al llegar hacia Meán,el que escribe noté como la rueda trasera,se bloqueaba y no compré la parcela,pero la medí de lado a lado.¿el motivo?.Rotura de roldana del cambio con metida del cambio entre los radios(tres radios rotos),y patilla del cambio echa añicos.Solución, llamada por teléfono y rescate.Pero no acaba ahí la cosa.A las tres menos cuarto me llama Ibañez,que cuando yo me fuí en elcoche, su hijo,había vuelto a romper la cadena.y tuvieron que andar un buen trecho,hasta llegar a su casa.¿qué os parece la odisea de 01/01/2012?.Todo esto nos sirvió para echar una buenas carcajadas.Un abrazo,Antonio Ventín

    ResponderEliminar
  2. Jue Toñito vaya mañanita de comienzo de año. "Eu tamén me deitei nunha parceliña que comprei baixando do canteiro" pero por suerte sin consecuencias físicas. En cualquier caso esperemos que sea un buen año para todo el mundo. Salud y fuerza.
    Indurain.

    ResponderEliminar
  3. Para el próximo año nuevo ya sabes con quienes debéis de ir -vaya "perra" que tenéis de escaparos de nosotros. El Boss llevaba una mochila con más de 2 kg de peso con todo el utillaje habido y por haber lo que dotado a sus reconocidas dotes para la mecánica bicicleril, pues...
    Tino

    ResponderEliminar