Saída coma sempre moi puntual (aínda que algún dirá que saímos antes de tempo para Jaupar aos das 9); sabedes que non nos fai falla saír antes de tempo,senón máis ben ao contrario.
Ben, como dicía saída puntual con máis ciclistas na saída, pois aos de sempre acompánannos: Javi Biciocon, Delfín, Barcala, Lalo e Pablo,este último é triatleta. Xa de saída,coma sempre o que escribe quere implicar a todos na tarefa de cumprir co tempo previsto o dia anterior e que tantos comentarios se fixeron sobre ese tempo,("este non sabe o que di","non sabe o que lle espera", "deixao que xa ´mirará", "vaise arrepentir de dicir semellante barbaridade" etc., etc., etc.") pero ao primeiro só 3 ou 4 ciclistas colaborabamos; alá por Vilaboa somos jaupados polos compañeiros que viñan detrás e logo si que xa hai certa colaboracion aínda que sen moito control e claro,como di o refrán, a potencia sen control non sirve de nada. Na saída de Arcade, coma sempre, tamén,o que escribe ten que facer a parada de rigor para evacuar un pouco de líquido, queda a esperarme Kike e Miguelito sen a súa axuda non houbera enganchado; xa o pasar a subida do castelo, nos planos hacia Pazos, aquilo xa se vai parecendo ao PANASONIC nos mellores momentos e o tempo empregado vaise achegando ao previsto. Deixamos a carretera de Pazos e collemos a esquerda e, no primeiro repeito, primer percance, Sergio Burgos rompe a cadea e na caída torce a roda dianteira e xa non pode continuar; estamos parados uns minutos, non sei cantos, nin importa a cantidade porque o tempo empregado macao o contakilómetros, non como o reloxio de agullas dalgún que se lle para coa velocidade. Unha vez reanudada a marcha máis de un levamos alguna sorpresa co recorrido que, carallo, ainda que non ten rampas moi duras sempre pica para arriba; nesa parte do percorrido algúns xa empezamos a facer a goma, (o que escribe o que máis), pois isto de levar a cámara parece que non pero jode, sobre todo se queres que saían todos os compañeiros.
Ao pasar a fonte de Festín e coller camiño de Traspieles os do equipo de Biciocon leváronnos polo gancho e quedámonos 3 ou 4 ciclistas a uns 200 m e non fomos quen de conectar ata o cruce de Forzáns grazas a Kike quen nos foi levando sen presa pero sen pausa. Ao coller o desvío cara a Anceu, na subida que hai antes de Caritel, máis do mesmo,outra vez polo gancho e volta a enganchar en Ponte Caldelas; dende alí ata Pontevedra repítese a mesma tónica agás na subida de Vilarchán onde Monchito Jacome tivo compasión e non nos zumbou demasiado, nese lugar xa me decatei de que o tempo previsto non ía ser o previsto aínda que se lle ía aproximar moito.
Chegada a Pontevedra en 2h 20´, uns 3´ máis do previsto o día anterior.
Coma sempre, tamén,os das 9 estaban esperándonos na Alameda para "refregarnos" que non os JAUPAMOS; non vos preocupedes que sin JAUPAR non ides quedar. ¿Imaxinades o pouco que andariades si non vos poño a parir neste blog? ¿Que sería de vos sen min? ¿pensástelo algunha vez?
Ala, botádelle imaxinación e empezade a escribir que este blog está para iso.
Tranquilo Rocha que para ti tamén teño, pero iso a ser mañán; agora xa me sangran os dedos de tanto pelexar co teclado.
Ala, entrenade moito que a vindeira saída vai quedarvos gravada por moito, moito, moito, pero que moito tempo.
PD. Marcho a traballar que xa é a hora de empezar, porque non sei se o sabedes pero: eu traballo,eh?
Non son das persoas que fan leña de árbore caido; esta semana vou deixar descansar estes meus dedidiños índices, que collan forza para vindeiras ocasions. Sinto muito o que lle pasou a Sergio, pero tes que admitir que en ese grupo sempre tendes un "PERO". Saudiña
ResponderEliminarAlberto
P.D. Verbas de un amigo: Non sei que facer con eles, merqueille unha cámaras de video, pásome o dia facendolle repotaxes e non os dou motivado.
Douche a razón nesas reflexións que fas sobre o grupo das 9:00; andan loquiños, loquiños escapando dos das 9:30. xD
ResponderEliminarChissss chisssss e escoita,este carballo non esta caido e tardara moito moito pero que moito en cair e en todo caso derrubarase de vello e por mor dun ciclon.Si que e certo que sempre hay un PERO e tamen sempre hay un PORQUE.¿Imaxinas o dia que non haxa un PERO nin un PORQUE?
ResponderEliminarO da camara e o mellor regalo que nos pudo facer o sr tino,asi quedare un documento grafico dos JAUPAMENTOS que vos imos facer.
PD:Rocha contigo empezo mañan.