miércoles, 18 de mayo de 2011

17 de maio día das letras galegas, grupo das 9,30

Reunímonos na Alameda 13 ciclistas para iniciar a etapa unidónsenos despois Fran na avenida de Vigo. Marcheta cómoda ata Soutomaior con todos os habituais confraternizando e no meu fuero interior pensaba que era un bo día para que chegásemos todos xuntos ata a meta pero estaba "trabucado". Ao pouco de iniciarse a subida á Insua saltan Celso e o seu pupilo Pablo collendo uns metros e poñendo en bandexa a excusa para que algúns vaian incrementando o ritmo. Pola miña parte, ao ver que se empezaban a quedar algunhas unidades implorei un pouco de calma aos que iban tirando en cabeza pero as miñas peticións cairon en saco roto. Gran detalle do campeón de Mourente e mais de Quique que se deixan caer intentando axudar a estes ciclistas pero era imposible porque na parte mais dura da subida curiosamente foi donde mais se incrementou o ritmo poñéndonos en serios apuros a máis dun. Collemos aos dous escapados e volve momentaneamente a calma pero os de atrás xa era imposible que enlazaran. Faise a subida a Caritel a un ritmo vivo castigando as pernas e novamente se acelera un pouco no tramo final.
Subida a Aguasantas rápida pero con ritmo constante. Polo falso llano mantense un ritmo fuerte pero soportable e cando nos metemos na subida final a Famelga lánzase un ataque en toda regla que destroza ao grupo coronando Pablo (team García Blanco) e máis eu de últimos a pesares de manter una velocidade media de 20 km/h en toda a subida (intuide como subiron os outros...) descenso rápido cara a Carballedo e novo detalle elegante de Quique que nos está esperando aos rezagados para meternos no grupo. A pesar de ter as pernas doloridas nese momento, collo a súa roda e vou soldado a él en pos das primeiras unidades pero curiosamente cando estábamos alcanzando ao grupo volven a dar un novo demarraxe que contrarestou perfectamente Quique meténdonos no grupo. Nestas perdeu roda o pupilo de Celso "Pablo" que xa non enlazaría. De aquí ata Pontevedra todo armonía novamente e como parecían poucos kms decidimos a maioría ir ata Marín soltando pernas e atopándonos na autovía con Juanito Sokoa alias o "Dandi" pola súa elegancia no vestir e que está seguindo un programa específico de preparación para reincorporarse ao pelotón (espero que no che pareza mal esta pequena broma). Disculpade o silencio informativo destes días pero andiven bastante liado e pensei que algún outro dos cronistas se animaría a escribir. Moi boa semana para todos, moita salud e recordade que a forza vai e ven...

No hay comentarios:

Publicar un comentario