Como o campión de inverno no fai as crónicas das etapas, -vese que estamos na primavera e foiselle o "pico" de forma que dicía que tiña-, agora atópase non profundo val do que tardará en saír -seguramente ata o mes de novembro-, e Vicente, o outro cronista oficial, está pensando en seguir na primeira división o baixar voluntariamente a 3ª, tócame a mín contar o desenvolvemento da etapa. Para dar boa conta da misma e mirar ben todo o que pasaba fun na meirande parte na cabonera e, ¡¡que ben se vai aí!!, desde ese lugar controlas todo o que pasa no pelotón e da tempo a reaccionar a tódalas cousas.
Saída puntual ás 9:30 h. Bastantes unidades e ausencia de Moncho Jácome que compitiu o pasado sábado en Samieira; non sabemos como lle foi, aínda que esperamos que obtivera un bon resultado.
Na avenida de Vigo xa se empeza a atisbar que Quique vai ser o que ía a levar o peso da etapa, (case o paga ao final da subida do Pituco). Pasamos o alto de Acuña en pelotón con Balea poñendo un bo ritmo na subida e chegamos a Cangas cunha media de 35 km/h. Na subida de Aldán Quique toma uns metros de ventaxa, sigueo Miguelito e outro ciclista que agora non lembro quen era, pero non pensedes que se trataba "del otro ciclista", non; Fran salta do grupo e enlaza cos dous de diante. O que firma esta crónica ao ver que se abre un pequeno oco, sae da carbonera e únese os de diante e cando os sobrepasaba animaos a abrir oco, sen embargo a diferenza era tan pequena que Mon, cun bo ritmo de caza, fai que desistamos da idea.
Baixando cara a Bueu, de novo Quique abre uns metros de diferenza sen que ninguén do grupo salte a por él. Saíndo de Bueu medio nos organizamos a dar relevos e entramos e Marín todos xuntos e escomenzamos a subida ao Pituco. De novo Quique pon un bo ritmo facendo que se empecen a descolgar unidades; á altura do cruce da vía rápida ocurréseme aumentar o ritmo de xeito que quedamos diante só Quique e máis eu; cheamos á cima cuns 15 sg sobre Nando e o Rubio e uns 20 con respecto a Nicolás e Sergio (o fillo de Burgos)a continuación parece que viña o resto do grupo. Nando e o Rubio danos caza e xuntos fixemos a subida ao cuartel; baixada rápida ata o cruce da caretera de Vigo e desde alí a Pontevedra relevos rápidos coa axuda de Isidro a bordo da súa cabra. Chegamos cunha media de 34,8 km/h.
Comninar, por último, ao campeón de inverno saia pronto de ese val no que se atopa metido e nos fai as crónicas tan divertidas ás que nos tiña acostumados.
Saúdos para todos.

Buena crónica Campeón y felicidades para todos por la buena etapa.
ResponderEliminarUna cosa más dentro de 15 días esperamos estar un poco más en forma para haceros sufrir un poco y, para que la otra etapa que tengo con mis peques por la tarde me sea más llevadera.